Contidos

Non somos lixo

Comezo

Créditos

Había unha vez unha botella que soñaba con ser outra cousa. Pasábase as horas agardando que algo emocionante lle pasase...

que nervios!

Dende o seu estante do supermercado vía pasar inmensos carros cheos de produtos.

Botella imaxinaba que unha vida chea de aventuras lle agardaba, máis alá da porta que se abría e pechaba sen parar. Unha vida mellor, claro que si!